E-book
Versione Digitale
Download | NO Copia/incolla | Stampa (5)

La Galice : dez séculos de olladas francesas

2009 - Universidade de Santiago de Compostela

166 p.

  • E abondosa a presenza de Galicia en textos francófonos e son constantes os testemuños de visitantes franceses á nosa terra dende a Idade Media. La Galice, dez séculos de olladas francesas é o froito dunha extensa peneira de textos literarios e de reflexións e descricións de peregrinos, soldados, diplomáticos, científicos, viaxeiros, xornalistas, escritores ou simples turistas. O fermoso fresco así formado non só ofrece unha visión variada e polícroma de como nos ven no exterior, senón que axuda tamén a comprendernos mello os propios galegos.
  • Dende o inicio do camiño a Compostela ata a catástrofe do Prestige percorremos o fio de eventos históricos na compaña de persoeiros ou de seres anónimos. Atravesando as invasións francesas máis coñecidas, como a napoleónica e rescatando a memoria doutras deliberadamente ocultadas, como a da primeira restauración borbónica. Con tempo para seguirmos a liñaxe do personaxe do infortunado rei de Galicia, que, do Roman de Pontus, chega a Victor Hugo pasando por Roldán e ten as súas raíces na función asignada ao noso país como baluarte libre do cristianismo fronte á invasión árabe. [Texto de la editorial]