Estudar toponimia : aproximacións metodolóxicas e interpretativas
180 p.
Neste volume recóllense unha serie de traballos dos maiores especialistas en toponimia galega, sobre a metodoloxía, a historiografía e a interpretación etimolóxica. A partir deles propóñense pautas de actuación á hora de estudar a toponimia, tales como a necesidade dunha perspectiva multidisciplinar, non só lingüística, senón tamén histórica e xeográfica, entre outras. Tamén se ofrecen achegas sobre a interrelación cos nomes de persoas, a clasificación semántica da toponimia, o estrato prelatino, a especificidade que comporta o estudo da toponimia medieval e o estatus xurídico dos nomes de lugar. Finalmente, engádese unha bibliografía escollida como guía breve de inicio para o estudo da toponimia. [Texto da editorial]
Online only available
-
Informazioni
ISBN: 9788416954353